Que non che pareza mal, pero probablemente a túa web non sirva para nada. Iso si, podemos botarche unha man para que funcione. Estudamos qué queres conseguir, cómo se pode conseguir, e facémolo. Unha web que sexa útil, que funcione, que sexa capaz de xerarche negocio independentemente do tipo de sector en que traballes. Unha web que usen os teus clientes… ou aqueles que un día serán os teus clientes.
Foches facendo webs porque che aparecían ofertas, porque algún comercial che insistía ou porque a situación o requiría: o caso é que agora tes varias, cada unha de seu pai e da súa nai. Chámanos. Podemos ordenar todo o que tes pero, sobre todo, podemos facer que anden todas ao mesmo ritmo. Quizais só necesitas unha, ou talvez debas ter distintas estratexias para distintos obxectivos: coordinándoas comunicarás máis e mellor.
Xenial! Unha idea que pasa por internet, va que si? Como queres implantar o novo produto? Pensaches en que unha campaña ben organizada en internet pode ter beneficios en escala? Cres que é algo que vai funcionar por si só ou que unha rede de xente apoiándoo pode melloralo? Facemos consultoría en comunicación web e podemos darche solucións.
Quizais teñas unha web que non vale. Si, xa… foi unha web cara, cando a fixeches todo o munto te felicitou por ela… Pero agora xa non funciona. Internet móvese rápido, así que non gastes moito diñeiro en algo feito para que dure moitos anos. Unha web, unha rede social, unha campaña... todas necesitan que as vaias mudando. Adáptate á situación do contorno, adáptate ao teu público. Nós dicímosche como.