Saltar a contenido

Webs a medida

Tendas, xornais, xestores, webs corporativas, webapps

  • Tendas online

    Facemos tendas a medida, sen empregar plantillas establecidas, para axustar as nosas solucións ás túas necesidades da maneira máis exacta e eficaz, en particular se tes tendas cunha gran carga de imaxe, con integración de vídeo, etc.

    • Tendas monoproduto.
    • Tendas sobre catálogo.
    • Tendas con puntos de venda físico e virtual.
    • Tendas con franquías.
    • Ticketing.
    • Fidelización de clientes postvenda.

    Xestores de contidos

    Programamos para que poidas actualizar os contidos da web autonomamente, sen depender de ninguén, en calquera web, nas pequenas e nas que teñen un gran volume de contido: imaxes, vídeos, textos... o que necesites.

    • Webs multiportada.
    • Webs con bases de datos detrás de moitos contidos.
    • Webs con bases de datos de investigación científica.
    • Catálogos de produtos ou servizos moi amplos.
    • Bases de datos que requiren técnicas avanzadas de visualización.
    • Visualización de datos complexos.

    Webs seriadas

    Quizais necesites unha web que sexan moitas webs, ou que se dividan rapidamente en webs de menor tamaño, actualizadas por persoas con distintas competencias. E aí tamén temos experiencia.

    • Webs de grupos de investigación que forman rede entre si.
    • Webs para grupos de empresas.
    • Webs de institucións multidepartamentos.
    • Webs de concellos, webs de centros sociais, de redes educativas.
    • Webs para organizacións con departamentos autónomos.
    • Formación e axuda no mantemento de webs editadas por moitas persoas.

    Produtos transmedia

    Producimos obras comunicativas, narrativas ou poéticas, con contido transmedia, que integren texto, vídeo, imaxe ou xeración aleatoria de contidos.

    • Webdocs.
    • Ferramentas interactivas e audiovisuais dirixidas á educación.
    • Cuestionarios de base audiovisual: tests sobre vídeo e imaxe.
    • Visualización de datos sobre mapas.
    • Visualización gráfica de datos.
    • Video interactivo.
    • Poesía dixital.
  • Produtos e aplicacións web

    Unha boa alternativa económica ás apps móbiles é a creación de webapps, webs de formato reducido e paquetizables que lle permiten unha interacción elevada aos teus clientes ou usuarios, sen distraerse noutros contidos.

    • Webapps.
    • Webs con contidos de xeración aleatoria.
    • Xestión de mapas na web.
    • Webs monofunción, para facer unha soa acción.
    • Adaptación da túa web a formatos responsive.

    Xornais

    Xornais e revistas teñen necesidades específicas: grande volume de contido, diversos editores (xornalistas e colaboradores), seccións que teñen un funcionamento e ritmo de actualización particular, distintas portadas...

    • Xornais tradicionais, con artigos, opinión, seccións...
    • Xornais baseados en imaxes ou vídeo.
    • Xornais e revistas de alta actualización.
    • Radios online.
    • Televisións online.
    • Utilidades para información metereolóxica.
    • Taboleiros de resultados deportivos.
    • Actualización remota ou diferida de contidos.
    • Utilidades de información necrolóxica ou anuncios
    • Deseño de xestores de publicidade.
    • Integración de redes sociais.
    • Integración de contido xerado aleatoriamente.
    • Deseño e implementación de newsletters.

    Webs corporativas de pequeno formato

    Se necesitas unha web pequena, para cubrir as túas necesidades básicas como empresa ou organización, pero queres ser distinta, en imaxe ou en funcionalidades, e non igual a outros centos de milleiros no mercado, farémosche un desenvolvemento á túa medida, único.

    • Webs monoproduto.
    • Webs de grande importancia gráfica e escaso contido.
    • Webs monopáxina.
    • Webs de navegación lateral.
    • Webs deseñadas sobre mapas ou gráficos.
    • Webs de presentación de negocio.
    • Webs de lanzamento de produto.
    • Landings comerciais.