Saltar a contenido

Os nosos servizos

Se tes un reto web nós collémolo e solucionámolo. Planificamos, deseñamos e programamos para web á túa medida

  • Análise e estratexia

    Temos unha longa experiencia de asesoramento dixital en todos os sectores e todos os tamaños. Fala con nós para saber se realmente necesitas unha web, que necesitas, que tipo de produto web é mellor para ti, ou como debes xestionar as túas redes sociais. Fala con nós sobre todo se vas lanzar un negocio web: pensamos contigo os obxectivos, os custos, a calendarización e a busca de recursos.

    • Asesoría dixital
    • Consultoría en deseño web
    • Estratexia en redes sociais
    • Posicionamento de negocio na Rede
  • Deseño UX/UI

    Unha vez que tes claro qué facer, hai que pensar como. A parte central é o deseño desde a perspectiva das persoas que van usar a web: diagramamos, prototipamos e contrastamos contigo (e cos posibles usuarios) as solucións que fagan que poida funcionar a túa web, ou o produto dixital que esteas desenvolvendo, de xeito eficaz en calquera dispositivo.

    • Deseño gráfico de interfaces
    • Wireframing
    • Prototipado
    • Solucións interactivas
  • Produción de contidos en internet

    Para que un produto dixital sexa correcto, ten que comunicar eficazmente. Para iso traballamos de maneira multilingüe producindo contidos: desde sumarnos ao teu equipo cando estás a pensar un proxecto transmedia, ata redactar textos que funcionen ben tanto na web como nas redes sociais, pasando por buscar presentacións e técnicas de visualización de datos que comuniquen e fagan que as túas ideas sexan entendidas dun modo sinxelo.

    • Guionización e storytelling
    • Redacción de textos
    • Edición visual
    • Infografías dixitais
  • Desenvolvemento

    A nosa forma de traballar é a medida. Terás unha solución que se adapte a ti, que teña xusto o que necesitas, e non lle sobre nada. Así sexa ecommerce, ou xornais e xestores de contidos, ou unha web corporativa de pequeno formato que non queres que sexa igual a outras 3500. Iso podemos facelo mellor ca unha plataforma de plantillas. Ao igual que desenvolvemento de compoñentes, APIs, manexo de vídeo ou mapas…

    • Desenvolvemento de xestores de contidos
    • Programación de bases de datos
    • Ticketing
    • Webdocs
    • Webapps

Por que nós?

Terás nosa complicidade e dedicación plena desde o primeiro momento.

  • Non somos os máis baratos. Pero imos por toda a nosa alma en ti.

  • Facemos web a medida, á túa medida. Non usamos wordpresses nin prestashops, senón só produtos dixitais artesanais.

  • Respectamos os estándares web, de contidos, de deseño, de accesibilidade. O teu produto verase máis, mellor, máis arriba e máis veces.

  • Usamos só software libre. Proxectos abertamente documentados, coa confianza e a seguridade que che dá ter unha comunidade de desenvolvemento detrás.

  • Co-creamos contigo, man a man e a partir das túas ideas. Da conceptualización ao acabado.

  • Esprememos o potencial audiovisual da web: o transmedia, a interactividade en video e fóra del.

Pero así, concretamente, que facemos?

Busca nestas listaxes de produtos que desenvolvemos a exacta que necesitas. Ou proponnos outro desenvolvemento a medida.