Saltar a contenido

Setembro cine

Unha web para acompañar a expansión dunha produtora audiovisual emerxente.

  • Servizos

    Arquitectura da información, Deseño UX/UI, Desenvolvemento

  • Tecnoloxía

    Laravel, SASS, HTML5, Javascript

  • Cliente

    Setembro Cine

  • Data de publicación

    29 de febreiro de 2016

Presentación

O pequeno é fermoso

Setembro Cine é unha produtora independente. Foi creada en 2014 por Fernanda del Nido co obxectivo de producir longametraxes para o mercado internacional, procurando novas historias con carácter e talento para facer películas que deixen pegada.

A web serve de soporte para a presentación empresarial de Setembro Cine e acolle un catálogo das súas producións e coproducións cinematográficas.

Máis info

Que precisaba Setembro Cine?

Unha web pensada para medrar

Setembro Cine quería dispor dun espazo web de pequeno tamaño, cun contido non moi voluminoso pero cun forte compoñente estético, como referente informativo das súas accións de presentación, promoción e distribución.

A web debía permitir focalizar a súa acción promocional ao redor dos films nas súas fases de produción ou lanzamento cinematográficos e, ademais, garantir o acceso aos seus diferentes materiais complementarios (imaxes, tráiler, fichas técnicas de produto...).

Por outra banda, o cliente desexaba unha web que non comprometese un grande investimento inicial pero que estivera concibida para ir acollendo, de xeito modular, futuros desenvolvementos.

Que fixemos para Setembro Cine?

Unha web de presentación e lanzamento de producións cinematográficas

Adaptamos a identidade corporativa de Setembro Cine para un soporte web e desenvolvímola achegando unha paleta cromática propia e recursos tipográficos para unha lectura acaida en web, tablets e telefonos móbiles.

Deseñamos graficamente a web como unha gran sala de exposición, incluíndo imaxes de gran tamaño para evocar a súa visión nunha pantalla cinematográfica, outorgando primacía visual ao acceso ás fichas de cada unha das producións.

Ideamos un catálogo con fichas navegables para permitir un acceso áxil á sinopse da película, un breve currículo do director ou as características técnicas da produción, e tamén visualizar imaxes fotográfica ou o tráiler de cada film ou compartir os rexistros do catálogo nas redes sociais.