Saltar a contenido

Selmark

Tecnoloxía e deseño ao servizo da elegancia, nunha grande empresa de moda íntima.

  • Servizos

    Arquitectura da información, Deseño UX/UI, Desenvolvemento

  • Tecnoloxía

    Laravel, SASS, HTML5, Javascript

  • Cliente

    Selmark Lingerie

  • Data de publicación

    11 de novembro de 2015

Tecnoloxía e deseño ao servizo da elegancia

Selmark é unha empresa viguesa, creada en 1975, especializada no deseño e confección de lencería feminina, un referente da nova moda galega que conta con presenza comercial en máis de 40 países. Selmark como soporte da súa estratexia de promoción comercial e proxección internacional quería unha nova web corporativa, con edición multilingüe, e unha tenda on line para reforzar, tamén, a súa presenza comercial na Rede e dar a coñecer un innovador catálogo de lencería.

Máis info

Que precisaba Selmark?

Un web de presentación corporativa e unha tenda on line para potenciar a súa presenza comercial

Selmark procuraba unha web que servise como presentación corporativa do seu compromiso coa innovación e o deseño de lencería e corsetería de calidade e como memoria da evolución dos seus produtos. Unha carta de presentación internacional do seu liderado na confección de roupa íntima a través dunha web de edición multilingüe.

Selmark necesitaba asemade unha tenda virtual concibida como un grande escaparate para promocionar un variado catálogo que anualmente acolle quince liñas de produtos de lencería e corsetería, dez coleccións con cen novos modelos nunha vintena de cores e máis de 8 mil referencias de produto. Unha web para dar visibilidade a súa rede de tendas e puntos de venda e para servir de soporte de vendas e difusión das súas accións de promoción e fidelización.

Que fixemos para Selmark?

Unha web para a xestión integral da súa marca comercial e dunha tenda on line

Unificamos nun único portal as dúas webs que Selmark necesitaba para garantir que a experiencia de navegación e compra dos usuarios fora única, cun deseño cunha gran potencia gráfica, outorgando moita importancia á imaxes de calidade para combinar elegancia, e unha consistente arquitectura de contidos e navegación.

Ademais de garantir a comunicación corporativa, focalizamos a web na difusión de catálogo e a venda, permitindo diversos xeitos de presentación de produtos de catálogo, organizados e orientados a súa venda de acordo coas estratexias comerciais de cada tempada.

Desenvolvimos unha complexa ferramenta de xestión do catálogo (de produtos e coleccións) permitindo configurar doadamente as súas propiedades (tallas, cores, complementos, modelos...), mais tamén poder relacionalos con descontos e outros elementos promocionais ou accións de fidelización de clientes. Ademais, a ferramenta de xestión permite facer o seguimento de pedidos e está sincronizada con outros software específicos para a xestión de stocks ou de seguimento de pedidos.