Saltar a contenido

Screenly

Plataforma de exhibición comunitaria de filmes e produtos audiovisuais.

  • Servizos

    Arquitectura da información, Deseño UX/UI, Desenvolvemento

  • Tecnoloxía

    PHP, Stylecow, HTML5, Javascript

  • Cliente

    Screenly

  • Data de publicación

    7 de maio de 2015

Screenly

Proxeccións de películas baixo demanda en salas de cinema

Screenly é unha plataforma web que permite organizar proxeccións baixo demanda en salas de cinema a través de crowdticketing, un sistema de reserva colectiva de entradas; de modo que calquera persoa se pode converter en promotor de eventos para ver as películas que queira ver, onde e cando el decida. Tamén é un servizo para que creadores, distribuidores e exhibidores ensaien novos xeitos de distribuír os seus produtos en salas de cinema utilizando internet como medio para atopar novos públicos.

Screenly é un proxecto liderado por Love Streams S.L. - We Make Responsive Cinema, empresa fundada en 2013 por Alberto Tognazzi e Marc Prades para xerar ferramentas, produtos e servizos de base tecnolóxica vinculados á distribución e comunicación de contidos desde a contorna dixital.

Máis info

Que necesitaba Screenly?

Unha plataforma web para xestionar colaborativamete a proxección de films

A iniciativa de Cine Baixo Demanda de Screenly esixía unha poderosa ferramenta web para xestionar un complexo sistema de interaccións nos que dun xeito accesible puideran participar espectador-promotores, creadores, distribuidores e exhibidores. As súas finalidades básicas eran a xestión das accións dos diferentes perfís de usuarios, a organización, difusión e calendarización dos eventos de exhibición, a xestión dun catálogo de obras e lugares de exhibición e unha ferramenta integrada de crowdticketing cun sistema de ssavisos e actualizacións para ir dando conta dos progresos das iniciativas

Que fixemos para Screenly?

Desenvolvemento gráfico, tecnolóxico e de contidos da plataforma web para a xestión de Cine Baixo Demanda

A partir da identidade gráfica de Screenly ideada por Jordi Duró, na Navalla Suíza deseñamos graficamente a web, ocupámonos da súa interactividade, desenvolvemos todo o seu soporte tecnolóxico e fixémonos cargos da redacción e edición dos seus contidos.

A plataforma web integra unha ferramenta para a creación e calendarización de eventos interrelacionada con utilidades de seguimento e control de crowdticketing, difusión do evento en redes sociais e edición de avisos de actualización. Unha carteleira coas películas que están dispoñibles para a súa exhibición e un catálogo no que se presentan máis de 50 cinemas e 244 salas de proxección de máis de 20 provincias españolas.