Saltar a contenido

Rochaforte

Unha visita transmedia, científica e divulgativa, ás ruínas dun castelo medieval.

  • Servizos

    Arquitectura da información, Deseño UX/UI, Desenvolvemento

  • Tecnoloxía

    PHPCan, CSS, HTML5, JavaScript

  • Cliente

    Concello de Santiago

  • Data de publicación

    3 de xaneiro de 2014

Que é Rocha Forte?

Descubrir e compartir o noso patrimonio arqueolóxico e histórico medieval

O castelo da Rocha Forte é a fortaleza medieval máis emblemática das terras de Compostela. Iniciada a súa construción no ano 1240, tornouse no símbolo do poder do arcebispado compostelán e do espolio e a violencia dos señores feudais. Será destruída pola revolta irmandiña en 1467.

En 2001 iniciouse unha xeira de campañas de escavacións arqueolóxicas, a última dela concluíu en 2013, co obxectivo de descubrir, estudar e restaurar o recinto intramuros do castelo.

Rochaforte.info é un espazo web de divulgación que fai parte do Proxecto para o estudo, recuperación e posta en valor da fortaleza da Rocha Forte que desenvolveron a Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación do Concello de Santiago e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Máis info

Que precisaba Rocha Forte e o Concello de Santiago?

Situar o castelo da Rocha Forte na cartografía da Rede

O obxectivo era virtualizar o Castelo da Rocha Forte para poder descubrilo presencialmente contando a súa historia como parte da conversa global da Rede para poder apropialo e valorizalo como un patrimonio cultural de proximidade. Así, o espazo na Rede de Rocha Forte tiña que atender unha tripa demanda:

  • Ofrecer unha reconstrución do contexto histórico e a valorización restos materiais vinculados ao sitio arqueolóxico da Rocha Forte, outorgando unha atención especial á creación dun relato accesible a á xeolocalización e cartografado dos achados.
  • Reunir nun arquivo dixital as publicacións historiograficamente máis relevantes na investigación histórica e arqueolóxica do castelo.
  • Habilitar un espazo de contacto para a xestión dalgunha iniciativas de divulgación do enclave arqueolóxico.

Que fixemos en Rocha Forte?

Unha web para a narración temporal e espacial do castelo da Rocha Forte

A Navalla Suíza, xunto cun equipo de arqueólogos formado por Xurxo Ayán, Xosé Suárez Otero e Carlos Marín, definiu a arquitectura narrativa e contidos da web. A identidade corporativa do sitio arqueolóxico fíxose co estudo Cenlitros, e David Sánchez ocupouse da ilustracións das personaxes e episodios históricos.

A web repousa un fío narrativo a partir dun timeline que asocia acontecementos, personaxes, documentos e testemuños da cultura material. Ademais hai un plano narrativo no que se desenvolve o contexto histórico-espacial do castelo de Rocha Forte a partir de cartografías que xeolocalizan en diferentes escalas e tempos, episodios históricos e algúns elementos arqueolóxicos.

Hai un segundo plano de lectura que atende a contidos e intereses máis especializados no que se debullan as publicacións máis relevantes da investigación histórica e arqueolóxica do castelo da Rocha Forte e o seu tempo e un buscador que permite a localización de obxectos e estruturas na planimetría do sitio arqueolóxico.