Saltar a contenido

Numax

Un cinema, unha libraría e un laboratorio de deseño e producións audiovisuais.

  • Servizos

    Arquitectura da información, Deseño UX, Desenvolvemento

  • Tecnoloxía

    Laravel, SASS, HTML5, Javascript

  • Cliente

    Numax, Sociedade Cooperativa Galega

  • Data de publicación

    Marzo de 2015

Presentación

Cine, libros, deseño... cooperativo

Numax é unha cooperativa de cinco socios traballadores cunha ampla experiencia no mundo audiovisual, editorial e do deseño. Numax naceu como unha iniciativa de economía social que integra unha sala de cinema con 70 butacas, unha libraría cun catálogo de máis de 5.000 títulos, unha pequena cafetaría e un laboratorio de deseño gráfico e produción audiovisual.

Máis info

Que necesitaba Numax?

A web de Numax non podía ser un sumatorio de tendas on line, catálogos de produtos ou canles de comunicación superpostas ou tres web coexistindo, sen relación, nun mesmo site. O principal reto era dar soporte a unha única oferta de produtos culturais (films, libros, deseño...), reforzar o carácter unitario e primar informativamente «a actualidade transversal» de Numax.

Á parte de ofrecer un escaparate web accesible para o recoñecemento dos produtos de actualidade, simplificando os procesos de presentación e consulta, había que crear asemade un sistema áxil para realizar as operacións de selección e compra de libros e entradas do cine, e crear unha zona privada para o control por parte das usuarias de Numax das súas compras.

Que fixemos para Numax?

Unha web de xestión integral de información, promoción e vendas on line de todo o catálogo de produtos e servizos da cooperativa

Definimos unha arquitectura da información con contidos transversais que conecta os tres compoñentes constitutivos de Numax: o cine, a libraría e o laboratorio de deseño.

Desenvolvemos un sistema de edición de información flexible que permitise relacionar films, libros e outras producións (gráficas, audiovisuais...) con actividades e novas do conxunto e de cada unha das seccións de Numax (cine, libraría ou laboratorio).

Programamos un sistema de venda do catálogo de libros integrado cun software externo de xestión de libraría (Geslib).

Deseñamos un xestor para a edición de filmes e sesións enlazado cun sistema de venda de entradas e unha interfaz para a selección de butacas da sala real.

Desenvolvemento dun sistema de edición da carteleira cinematográfica para a presentación de estreas e reposición con vistas semanais, mensuais e de máis longo prazo, ademais de integrar a calendarización doutras actividades (presentacións, charlas...).

Creamos un espazo privado de xestión para que as persoas abonadas, desde o seu perfil de usuarios, poidan facer o seguimento das súas compras e recibir comunicacións de Numax. O perfil tórnase lugar de encontro das preferencias das usuarias e os diferentes produtos culturais de Numax.