Saltar a contenido

Cromosoma 5

Un documental web interactivo para contar unha historia necesaria.

  • Servizos

    Arquitectura da información, Deseño UX/UI, Desenvolvemento

  • Tecnoloxía

    HTML, CSS, Javascript

  • Cliente

    Televisión Española

  • Data de publicación

    30 de abril de 2013

Que é Cromosoma 5?

O primeiro documental interactivo de Televisión Española

Cromosoma 5 é o primeiro webdoc documental producido por Televisión Española a partir do documental do mesmo título dirixido por Maria Ripoll e Lisa Pram en 2012. Cromosoma 5 narra a historia de Andrea, unha cativa coa síndrome 5P. Sobre a narración do documental de Ripoll superponse un relato hipertextual que combina novas pezas narrativas (textos, imaxes, vídeos...).

Cromosoma 5 estreouse no programa Versión española de TVE o 30 de abril de 2013, simultaneamente publicábase o webdoc en rtve.es.

Máis info

Que precisaban Cromosoma 5 e TVE?

Unha plataforma web para aniñar novos relatos interactivos

As directoras querían dispor dunha canle complementaria na Rede para darlle a maior difusión posible a historia íntima e persoal de Andrea e dar a coñecer a súa doenza. Precisábase un novo soporte, alén das posibilidades de visionado dos documentais clásicos, para difundir as vivencias das familias que se enfrontan ao síndrome 5P, sensibilizar e multiplicar a empatía. Unha narración interactiva nun plataforma on line que puidese ofrecer unha narración informativamente enriquecida con novas voces, experiencias, propostas a través de recursos textuais gráficos e audiovisuais. Un webdoc. Un instrumento interactivo para acceder a unha narración e crear novas narracións.

Que fixemos para Cromosoma 5 e TVE?

Desenvolvemento tecnolóxico, interactividade e edición de contidos para contar máis dunha historia

Na Navalla Suíza ocupámonos do deseño gráfico da web; da definición da arquitectura dos contidos complementarios e da súa edición; e do desenvolvemento tecnolóxico da web e do software de xestión da interactividade necesario. Para o layout usouse HTML5 e CSS3 e para a interactivade jQuery 2.0 e jQuery Media 2.1.1, software que foi especificamente desenvolvido para este proxecto.

O resultado é un produto documental novo —hipertextual, multimedia e interactivo—, no que a narración integra diferentes formatos (debuxos, fotografías, textos, entrevistas a especialistas, ligazóns a webs especializadas) que enriquecen informativa e documentalmente o fío argumental da película.