Saltar a contenido

Como traballamos contigo

A creación da túa web paso a paso

  1. Proxecto

    Teremos unha entrevista contigo para identificar as túas necesidades, faremos unha análise do que precisas e redactaremos un borrador de proxecto.

  2. Contrato

    Se lle dás o visto bo ao proxecto e ao orzamento. preparamos un contrato que asinaremos.

  3. Contacto

    Imos darche acceso ao noso basecamp, unha ferramenta de intercambio e almacenaxe de información.

  4. Información básica

    Achegaremos unha primeira solicitude de información básica.

  5. Análise

    Realizaremos unha análise pormenorizada dos requirimentos tecnolóxicos e informativos do teu proxecto web.

  6. Wireframe

    Faremos unha esquematización (wireframe) das páxinas fundamentais da web e unha árbore dos seus contidos.

  7. Deseño gráfico

    Sobre a base do wireframe, elaboraremos unha proposta gráfica da web.

  8. Soporte tecnolóxico e programación

    Crearemos a base tecnolóxica da web e comunicarémosche os requirimentos do servidor que precisas contratar.

    Programaremos os distintos compoñentes da web.

  9. Maquetación e interactividade

    Maquetaremos a aparencia gráfica da web e programaremos a súa interactividade.

  10. Edición de contidos

    Ocuparémonos dos traballos de redacción e tratamento estilístico dos contidos a partir da documentación que achegues.

  11. Seguimento

    Darémosche acceso á web de desenvolvemento para que poidas seguir os avances do noso traballo de acordo cunha serie de fitos e entregables.

  12. Testaxe

    Revisaremos contigo os diferentes entregables da web.

    Corrixiremos erros e avaliaremos as melloras que queiras engadir.

  13. Publicación

    Faremos a migración da web ao teu servidor.

    Celebraremos a súa publicación na Rede.