I+D+C - Investigamos, Desenvolvemos, Compartimos

Neste espazo colgaremos as ferramentas e utilidades que vaiamos desenvolvendo. Descargádeas e usádeas de balde. Están pensadas para usuarios avanzados, afeitos a traballar con código. Se tedes suxestións ou desexades colaborar dalgún xeito, por favor, mandádenos un correo a idc@anavallasuiza.com.
Ese é o mellor pagamento, ;)

cSans

cSans é un framework de css lixeiro, flexible e ampliable. Compatible con todos os navegadores coñecidos (Explorer 5, 6, 7 e 8, Firefox, Safari, Google Chrome, Opera...) e con distintas plataformas. Cunha API intuitiva e cómoda, resetea os estilos por defecto do navegador e proporciona un conxunto de ferramentas para maquetar páxinas web a partir dunha grella. Ademais pódese ampliar mediante plugins que cubren necesidades máis específicas.

phpCan

phpCan é un innovador framework escrito en php 5 que facilita a construción de webs grazas á súa estrutura ordenada, baseada no sistema MVC (Modelo, Vista, Controlador). Proporciona ademais un conxunto de funcións e utilidades adaptadas ás necesidades particulares de cadaquén. Contén un xestor de contidos autoxerado e pode dividir a web en "escenas" independentes (ou dependentes). Nestes momentos está en fase de desenvolvemento. Axiña teremos lista a versión alfa.

Todos estos produtos estan pensados, deseñados e desenvolvidos pola navalla suíza, baixo unha licenza GNU Affero v.3