Saltar a contenido

Curiosidades

Por que nos chamamos así e outros datos

Chamámonos A navalla suíza porque cada unha de nós realiza a súa función na internet, talmente como se fose unha navalla suíza. Programamos sinxelo, como quen monda unha laranxa. Deseñamos coa precisión dunha coiteliña. E cando tes éxito co teu proxecto descorchamos unha botella de cava ou un botellín de cervexa.

De cando en vez recibimos cartas que van dirixidas a Ana Valla. Pero negamos calquera código xenético compartido.

A nosa oficina

Empezamos en xuño de 2008. Levamos pois case unha década traballando en internet como empresa, pero desde hai moito máis tempo buscamos unha web aberta e de oportunidades para as persoas, tanto como colectivo como individualmente.

Ademais dos humanos, tamén hai un cánido navalleiro. Lula é unha golden retriever que ten diversos xoguetes ciscados pola oficina.

E aínda que as nosas oficinas principais están no centro de Galicia, movémonos continuamente por España e o Reino Unido, porque alí onde haxa unha conexión wifi e un enchufe está A navalla suíza.

E ademais somos unha SL, e temos un CIF e esas cousas. Ah, e tamén pertencemos ao Clúster TIC de Galicia, que é a grande asociación empresarial do sector tecnolóxico galego.