Saltar a contenido

Xabier Cid

Xestor de contidos e administrador

Gústanme os humanos (o que os impulsa, as súas ganas de superarse, a súa bondade) e traballo nisto porque quero unha internet máis humana: nos principios e nos contidos.

Comecei profesionalmente en internet no século pasado, e en 2008 cofundei A navalla suíza. A miña formación académica é Lingüística e Literatura, Xornalismo e Xestión de Empresas Deportivas, e os meus frikismos, a xeografía e a natureza. Ando en bici e son árbitro de atletismo.

Vivo en Escocia. Na Navalla teño responsabilidade sobre todo nos contidos, pero como socio fundador hai algúns labores económicos e administrativos que me caen na mesa.

De entre todas as citas que me inspiran, hoxe lembro desta:

Un home pode loitar por distintas cousas: o seu país, os seus principios, os amigos, a bágoa escintilante que esvara na encarnada fazula dun pícaro... Mais eu arrastraría por un lameiro a miña propia nai, por un bo monte de cartos, un reloxio pavero ou unha escarcela chea de porno francés.

- Edmund Blackadder