Saltar a contenido

Eduardo Salguero

Programador

Son pai, enxeñeiro de software, emprendedor e estudante. Comecei a traballar na web alá polo ano 2005, toquei cousas en C#, Java e Python pero o mercado laboral levoume a centrarme en PHP e JS.

Estiven involucrado en varios proxectos exitosos, tanto coma programador coma team leader, participando en tarefas de xestión, análise, deseño e implementación. Teño gran experiencia en desenvolvementos web e arquitecturas complexas e son un apaixonado das metodoloxías áxiles. Son defensor do código limpo, ordeado,reusable e comprensible.

Considérome un gran defensor de PHP. Durante a miña vida vin medrar esa linguaxe, flexible e potente, que en boas mans permite facer cousas realmente elegantes e eficientes. Vin como pasou de servir para facer enxendros coma OsCommerce a ser tipado, e como a comunidade creou Composer ou as PSR.

Durante estes anos tamén vin medrar a JavaScript: como de usarse para facer alerts pasou a ser a base de todas as webapps.

Non teño tempo libre porque sempre estou ocupado, e cando non, ando buscando ocupación. Gústame a ciencia ficción en calquera formato, aprender cousas e estar coa familia e os amigos. De maior quero ser jedi.