Saltar a contenido

Carlos Morales

Maquetador e programador

Empecei nisto das webs no ano 2008, con HTML, CSS e JavaScript. Eran tempos escuros: o imperio do terror de Internet Explorer 6 aínda non rematara e había que usar con coidado os PNG transparentes.

Pouco despois metinme tamén na programación con PHP, e así paso agora os meus días: repartindo o tempo entre a programación e a maquetación.

Gústame o código ordeado e reusable, e son un apaixonado dos estándares abertos e das posibilidades (cada día maiores) que ofrece a web.

Amo, por riba de todas as cousas, os pseudoelementos :before e :after

Gústame ensinar o que sei, e por iso paseino ben coas oportunidades que tiven de facer charlas ou artigos sobre, por exemplo, o Atomic Design.

No meu tempo de lecer gústame facer ruído con diferentes grupos de música, tocando a guitarra ou cantando.

A miña filosofía de vida resúmese así:

Poderán ter moitos cartos, pero hai algo que nunca poderán mercar... un dinosauro!

- Homer Simpson