Saltar a contenido

Aymará Ghiglione

Deseñadora UX/UI

Ademais de deseñar para a web, gústame coser e bordar, facer collage, e bailar o tango. Nacín en Bos Aires, onde pasei gran parte da infancia ata que a miña familia emigrou a Galicia. Desde entón, o mapa dos meus afectos debúxase a ambos lados do Atlántico.

Mentres estudaba socioloxía alá polos 90’, dei un día co libro La ética hacker y el espíritu de la era de la información. Fascinada, creo que foi entón cando decidín que o meu futuro profesional estaría no mundo de internet.

Polo camiño estudei fotografía, outra das miñas paixóns, e continuei a miña formación en deseño dixital e dirección de proxectos web.

Na navalla encárgome do deseño de interfaces e da maquetación, e colaboro na coordinación. Gozo moito co traballo en común e encántame ver medrar os proxectos.

Se teño que escoller unha cita quédome con esta da miña admirada Remedios Zafra:

Las adas son personas que prefieren programar sus vidas y sus máquinas antes que ser programadas por ellas.