Saltar a contenido

Agos Reigosa

Director e novos proxectos

Aprender e descubrir cousas novas son as miñas dúas grandes motivacións diarias. Deixar un mundo mellor e con máis bicicletas os meus dous grandes desexos. Son unha persoa calmada e ordenada, sempre con ganas de probar ferramentas novas, innovar e introducir metodoloxías que procuren un traballo eficiente e eficaz.

Aínda que o meu apego pola tecnoloxía e a comunicación é grande, coas súas épocas de blogs o de podcasts, a miña formación está vinculada á administración e dirección de empresas, dous eidos que se mesturan á perfección no meu traballo na Navalla.

Ademis disto xogo ao baloncesto, fago atletismo e tamén corro algún que outro triatlón no verán. Fun adestrador de baloncesto e son xuíz de atletismo. Son o que se di un bulebule.

Se tiveses que quedar con dúas cousas que van sempre canda min, esta sería a canción e este sería o principio, aplicable como obxectivo de calquera empresa e tamén á nosa propia existencia: "Crear valor"