Saltar a contenido

Adrián P. Blunier

Programador

Cando comecei no meu primeiro traballo de verán, aínda coa miña primeira formación académica a medio rematar, tiven a sorte de facelo no desenvolvemento web. Desde entón, guiado pola curiosidade, nunca me afastei da tecnoloxía e o desenvolvemento do mundo multimedia, tanto a nivel profesional coma académico.

Na navalla traballo principalmente na programación dos proxectos, pero gústame involucrarme e tratar de aportar en todos os procesos, aínda que no fondo estou aquí por ter vínculos con Suíza a través do meu apelido.

Fóra da oficina da música pasiva e activamente, de cando en vez vou xogar ao fútbol gaélico nunha liga mixta, e sempre que podo estou viaxando.