Benvidas á nosa nova casa

Ata a cociña por favor!

Hoxe temos a ilusión de presentarvos a nosa nova web, un espazo para que nos coñezades mellor pero tamén para que entendades mellor en que consiste o noso día a día, cales son os nosos últimos traballos e todo o que che podemos ofrecer a ti e a túa empresa.

A Navalla suíza leva moitos anos surfeando a web creando novas plataformas para todo tipo de clientes, dende os noso humildes comezos, onde nos alimentabamos a base de churrasco, ata hoxe foron moitas as empresas e institucións que puxeron a súa ilusión e a súa presenza na rede nas nosas mans. Curiosamente, e malia producir un bo feixe de webs todos os anos, a nosa sempre foi un proxecto complicado de sacar da bandexa das cousas por facer. Xa sabedes o que din, na casa do ferreiro...

Hoxe temos a ilusión de presentarvos a nosa nova web, un espazo para que nos coñezades mellor, tanto como empresa como persoalmente, pero tamén para que entendades mellor en que consiste o noso día a día, cales son os nosos traballos máis actuais ou que mellor nos representan e todo o que che podemos ofrecer a ti e a túa empresa.

Para que isto fora moi sinxelo e intuitivo dividimos a web en dúas partes. 'A Navalla suíza', onde podes descubrir toda a parte humana detrás de cada liña de código, cada deseño e cada coma, onde entender como chegamos ata aquí e algunhas curiosidades do noso día a día. Un sitio para coñecer aos que estamos pero tamén como estamos e dicirche o que buscamos na xente que chega a nós. E 'O noso traballo', onde non só saber a que andivemos ultimamente, senón tamén que podemos facer por ti, e o máis importante para nós, como. Para que saibas de partida como imos traballar contigo, o importante que é para nós o código aberto e algunhas das empresas que nos respaldaron nese desempeño en todos estes anos

Como vos poderedes imaxinar detrás desta web hai moitas historias e decisións, moitos pequenos detalles que nos fan sentirnos aínda máis orgullosos, se cabe, do equipo que hai detrás e do que xuntos construímos. Nas vindeiras semanas irémosvos contando máis cousiñas do making of desta web e doutros proxectos que moitas veces pasan inadvertidas. 

Pero hoxe o importante é que descubrades cada oco, cada espazo e cada liña do que vos queremos contar. Pasádeo tan ben navegando por ela como nós o pasamos facéndoa.