Os días que traballaremos en 2017

Para aproveitar mellor os días de descanso e os días de traballo, haberá ocasións en que non traballaremos aínda que a xente ao noso redor o faga, e ao revés. Este é o noso calendario de festivos para 2017.

Regra 1. Os sábados e os domingos non traballamos.

Regra 2. Tentamos mover os días festivos que caen entre semana a luns e a venres, para poder aproveitar mellor os días de repouso e os días de labor. Porén, aínda que sobre o papel iso pode estar ben, tamén é certo que en ocasións pode dificultar a conciliación da familia e o traballo. Temos cada un de nós 24 días non laborables, ademais destes fixos para toda A navalla, para poder encaixar as pezas persoais do mellor xeito posible.

Velaquí o noso calendario de días non laborables para 2017, ademais de sábados e domingos, como xa dixemos:

  • Xaneiro: o 6, venres, día de Reis.
  • Febreiro: o 27, luns de Antroido. O festivo local é o martes, pero movémolo a luns.
  • Abril: o 14, Venres Santo. Algúns de nós estaremos o 13 xoves, e outros o 17, luns, segundo mellor nos conveña.
  • Maio: o 1, luns, que é a festa do Traballo. Ademais tampouco traballaremos do 15 ao 17, luns, martes e mércores, para celebrar o día das Letras. A estas vacacións sumamos tamén o festivo local que caería a semana seguinte.
  • Xullo: o 24 e o 25, luns e martes, días de Galicia.
  • Agosto: o 14, luns, para celebrar as festas do verán, sexan as da Virxe, as do San Roque, ou as que cadaquén queira, movido desde o martes.
  • Outubro: o 13, venres, día de América, movido desde o xoves.
  • Novembro: o 3, venres, día do Samaín, movido desde o mércores.
  • Decembro: o 7 e o 8, xoves e venres, mais traballaremos o mércores. E o 25, luns, que é o Nadal.