Saltar a contenido

A nosa traxectoria

2008 - hoxe
Churrasco inaugural
25 de xuño 2008

Churrasco inaugural

Cadramos todos en Ourense para asistir a unha conferencia e ocorréusenos botar a andar un proxecto. Queriamos facer cousas xuntos, coma fixeramos antes noutras aventuras, pero mellor. Barallamos nomes e saíu A navalla suíza. O churrasco custounos 63 €. Para cinco persoas.
Setembro de 2008

Publicamos Quin.tv, a nosa primeira web.

Videoblog político de precampaña, que era como se facían as cousas daquela. Montamos unha web simple e producimos os contidos audiovisuais. O resultado estaba ben, pero o bipartiño non sobreviviu as eleccións.

Flocos.tv
Decembro de 2008

Flocos.tv

Quixo ser a mediateca total do audiovisual galego. O noso primeiro grande éxito, con milleiros de visitas e a implicación de todo o sector. E sobre todo de Manolo González, o mentor do proxecto.
Primeira oficina ANS
Maio de 2009

Primeiro campamento base

Movémonos á nosa primeira oficina, no Milladoiro. Ata ese momento tiñamos o enderezo fiscal nunha casa particular, as reunións noutra e os ordenadores na casa de cadaquén.
Xaneiro de 2010

5 +

José Ces foi a primeira persoa que veu traballar para A navalla, fóra dos socios iniciais. Viña facer unhas prácticas de maquetación. Despois dun tempo mudou de gremio e a última vez que soubemos del traballaba na construtora familiar.
Premio Content 360 do Festival MIPTV de Cannes
Xuño de 2010

Premio Content 360 do Festival MIPTV de Cannes

Por un proxecto experimental de audiovisual e realidade aumentada, que preparamos para o National Film Board de Canadá, gañamos o premio Content 360 do MIPTV de Cannes (o Cannes de Francia).
Eu Falo
Xaneiro de 2010

Eu Falo

Eu Falo foi un proxecto de documental web, colaborativo, sobre o uso do galego. E tamén foi o noso primeiro proxecto propio.
Galegolab
Maio de 2010

Investimentos en futuros para a lingua galega

As iniciativas a prol do galego sucedíanse naquel tempo, e creamos Galego.Lab, unha plataforma de crowdfunding centrada en proxectos para mellorar a situación da lingua.
Adrián
Xuño de 2011

Adrián

Incorporouse ao equipo Adrián Seijo, un programador que botou un par de anos connosco antes de mudarse ao Reino Unido. O proxecto ao que máis desvelos dedicou é secreto e aínda hoxe non podemos dicir para que grande empresa do sector dos paquetes vacacionais fixemos o traballo.
Proxecto Probeta
Decembro de 2011

Proxecto Probeta

Outro proxecto propio, neste caso de formación: co Proxecto Probeta tres rapazas sen experiencia laboral viñeron desenvolver un proxecto delas, durante seis semanas. O obradoiro montámolo Cenlitrosmetrocadrado, Ekinocio e mais nós, para que a iniciativa de aprendizaxe tivese un pé no deseño de produto, outro no gráfico e un terceiro na web.
Publicación Praza pública
Marzo de 2012

Para ler a Galicia que vén

Publicamos Praza Pública, o noso primeiro xornal electrónico, un proxecto superespecial de xornalismo independente, unha gran máquina pensada para un cadro de xornalistas sen ataduras.
David Rubín debúxanos como niguén o fixo antes
Abril de 2012

David Rubín debúxanos como niguén o fixo antes

Nin despois. Encargámoslle a Rubín un debuxo onde se vise a todos os socios. Ao final fixo unha proba e unha versión definitiva. Podedes comprar álbumes de David Rubín en Amazon.
Andrea
Maio de 2012

Andrea

Chegou Andrea López Lozano, a primeira xornalista. Veu para traballar na produción e desenvolvemento de contidos, na análise de datos e na arquitectura de contidos das nosas webs. Coidadora das nosas palabras, para saber da calidade do seu oficio podes poñer os ollos en Rocha Forte ou Medicus Mundi. Ao seu tinteiro dixital aínda acudimos cando queremos inspirarnos para escribir novos relatos.
Vídeos de moda con 3Clic
Maio de 2012

Vídeos de moda con 3Clic

Xuntámonos con profesionais do sector da moda e da comunicación de Madrid para desenvolver un proxecto de vídeoclips e compra directa, que chamamos 3Clic.
Xestionamos información metereolóxica con 4Gotas
Xuño de 2013

Xestionamos información metereolóxica con 4Gotas

4Gotas é unha web de información metereolóxica para a que tivemos que facer un gran esforzo tecnolóxico en xestión e representación de mapas e datos complexos.
Agora máis que nunca
Xaneiro de 2013

Agora máis ca nunca

Para a Cruz Vermella Galicia xa fixeramos outros proxectos, pero Agora máis que nunca foi moi especial: unha plataforma de crowdsourcing e crowdfunding para paliar necesidades persoais puntuais en época de crise.
Publícase a web de Feirón
Setembro de 2013

Publícase a web de Feirón

Por esforzo e volume, o de Feirón foi un dos nosos grandes proxectos: tratábase de deseñar na web unha aplicación de fidelización e promocións para o pequeno comercio, impulsada por R. Traballamos na idea man a man con Tuapli e Softwhisper.
A nova oficina
Novembro de 2013

A mudanza

Xa iamos quedando sen sitio no local orixinal, e aproveitamos para mudarnos a unha oficina que estaba no portal do lado. Neste lugar, nun polígono empresarial ás aforas de Santiago de Compostela, é onde estamos agora.
Rocha forte ve a luz, e obtén un galardón nos premios Eganet
Xaneiro de 2014

Rocha forte ve a luz, e obtén un galardón nos premios Eganet

Proxecto que fixemos man a man con Cenlitrosmetrocadrado, de presentación divulgativa de datos arqueolóxicos. Neste caso, sobre o que pasou nas aforas de Santiago, no castelo medieval da Rocha Forte.
Maio de 2014

Marcos

Marcos Ferreira Sanmamed chegou como xestor de proxectos, logo de formarse no Reino Unido e lanzar aventuras persoais en Galicia. Aprendimos moito del, mais por razóns familiares regresou aos poucos meses a Oxford. Agora edita a Shakespeare.
Publícase a web de Feirón
Outubro de 2014

Abanca, un traballo ao grande

O noso proxecto máis grande ata a data foi Abanca, a nova web comercial para a principal entidade bancaria galega, no que aínda seguimos traballando.
Texto Numax
Marzo de 2015

Intelixencia cooperativa

Publicamos Numax, a web e tenda da libraría e da sala de cinema independente.
Sumouse ao equipo <a href="http://www.rubenprol.com">Rubén Prol</a> para axudar nas tarefas de deseño. Moito lle tiraba a tipografía, e marchou para seguir compoñendo co seu talento abecedarios reais e imaxinarios.
Xullo de 2015
Rubén
Sumouse ao equipo Rubén Prol para axudar nas tarefas de deseño. Moito lle tiraba a tipografía, e marchou para seguir compoñendo co seu talento abecedarios reais e imaxinarios.
Novembro de 2015

Anavel dá os primeiros pasos

Botamos a andar o novo framework, a ferramenta máis importante do noso traballo diario, as estadas coas que construímos a maior parte das webs. A primeira web que fixemos con Anavel foi a de Medicus Mundi.
Sumouse ao equipo Belén Araujo, que veu facer as súas prácticas formativas na área de contidos.
Novembro de 2016

Belén

Sumouse ao equipo Belén Araujo, que veu facer as súas prácticas formativas na área de contidos.