Saltar a contenido

A navalla suíza

Somos un equipo de cultura aberta. Xente de principios nisto de internet.

Quen somos

O teu equipo de comunicación dixital

Somos un equipo que realiza proxectos de comunicación, dende a consultoría ao desenvolvemento web. Estamos especializados no manexo do vídeo en internet, na visualización de datos, na interactividade con mapas e na usabilidade da información.

A navalla suíza non é unha empresa de deseñadores. Nin de programadores. Nin de publicistas. Somos un equipo multidisciplinar de todo iso e máis: deseñadores, programadores informáticos, xornalistas e xestores que facemos proxectos completos e equilibrados para cubrir todas as túas necesidades. Grazas a esta combinación de perfís, podemos analizar a túa idea dende todas as perspectivas posibles. E acompañarte dende o comezo ata o final.

Gústanos innovar, compartir e explorar formas novas de facer as cousas, e vivimos na ansia de saber cando vai ser o seguinte clic que mude as nosas vidas.

Somos bos, pero gustaríanos ser mellores. Veña, ponnos o teu reto.

Os principios

O noso equipo

Todas as mans que constrúen A navalla suíza

As nais fundadoras

Socias empresariales

Nais fundadoras ANS

En 2008, cinco activistas que tiñamos xa unha longa experiencia en empresas do sector interneteiro, Álvaro Gómez, Berto Yáñez, María Yáñez, Óscar Otero e Xabier Cid, decidimos xuntarnos para facer proxectos de comunicación web distintos: distintos no por que, ou no como, ou no para quen. E para divertirnos un cacho. Co pasar dos anos fomos saíndo da primeira fila pero seguimos vencellados, de corazón e de peto, á Navalla suíza.

O blog

Anotacións aleatorias sobre a práctica de compartir

  • Benvidas á nosa nova casa

    Ata a cociña por favor!

    Hoxe temos a ilusión de presentarvos a nosa nova web, un espazo para que nos coñezades mellor pero tamén para que entendades mellor en que consiste o noso día a día, cales son os nosos últimos traballos e todo o que che podemos ofrecer a ti e a túa empresa.

  • Rapaciñ@s, máis libres e iguais... tamén na Rede

    Desde hai dous anos, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) impulsan Rapaciñ@as, unha iniciativa para achegar as tecnoloxías da información a nenos e nenas desde o ámbito familiar e a comunidade escolar.

  • Os días que traballaremos en 2017

    Para aproveitar mellor os días de descanso e os días de traballo, haberá ocasións en que non traballaremos aínda que a xente ao noso redor o faga, e ao revés. Este é o noso calendario de festivos para 2017.